Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.019 novas da C. de Sanidade:

23/04/2024 | 18:48 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade reúnese con integrantes da Asociación Española Contra o Cancro da Coruña e de Ferrol coa vista posta na prevención

Antonio Gómez Caamaño coincide coa entidade no valor dos cribados de cancro e a prevención do tabaquismo

23/04/2024 | 12:24 | C. de Sanidade

O Sergas cubre todas as prazas de facultativos ofertadas por concurso de méritos para 174 postos de difícil cobertura nos hospitais comarcais e en saúde mental

Trátase de persoal facultativo de 93 especialidades que se incorporará a hospitais comarcais e, para as sete áreas sanitarias, 44 psiquiatras e 37 psicólogos no ámbito da saúde mental

22/04/2024 | 15:47 | C. de Sanidade

A Xunta exporta a Suecia e Italia a plataforma de teleasistencia domiciliaria do Servizo Galego de Saúde

Durante dúas xornadas, delegacións destes países europeos coñecerán o funcionamento do sistema de teleasistencia do Sergas 

22/04/2024 | 14:48 | C. de Sanidade

A Xunta eloxia as vocacións científicas que promove o concurso Reimaxina a Ciencia no que participaron máis de 1.500 estudantes galegos

O conselleiro de Sanidade entrega o premio ao proxecto gañador de tres alumnas do IES Agra do Orzán (A Coruña)

19/04/2024 | 18:42 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade subliña o traballo dos profesionais na primeira reunión cardioprimaria en Lugo

O máximo responsable do Sergas, pon en valor o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio, instaurado pola Xunta no 2005, e pioneiro nunha comunidade autónoma pluriprovincial

19/04/2024 | 13:25 | C. de Sanidade

Galicia rexistra 28 días menos de demora que a media nacional no acceso ás primeiras consultas co especialista

O tempo medio de espera en Galicia sitúase nos 73 días, mentres que a media do Sistema Nacional de Saúde fica nos 101 días 

19/04/2024 | 12:53 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade fixa como un dos retos do seu departamento conseguir un uso responsable e eficiente da intelixencia artificial en beneficio do paciente

Segundo sinala o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, a intelixencia artificial é un apoio para os nosos profesionais sanitarios, e serán eles os que terán a última decisión na práctica clínica

18/04/2024 | 14:00 | C. de Sanidade

Os servizos de anxioloxía e cirurxía vascular do Sergas rexistran a menor demora do Sistema Nacional de Saúde

Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, o sistema sanitario público galego rexistra nesta especialidade unha espera media de 51 días, o mellor dato de todo o territorio nacional

17/04/2024 | 13:22 | C. de Sanidade

A Xunta apoia a promoción da saúde e a prevención na II Carreira Solidaria Costa Ártabra

Con esta carreira promóvese un estilo de vida saudable mediante a realización de actividade física, a cohesión social e a promoción da equidade en saúde

17/04/2024 | 10:48 | C. de Sanidade

A rede Galega de Promoción da Saúde e Quérote+ colaboran para achegar á sociedade ferramentas para levar estilos de vida saudables

A Consellería de Sanidade está a reunirse cos centros Quérote+ a nivel local para preparar actividades en común